23 de dec. de 2013

En marcha os Espazos das Familias

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, ofrece ás familias con nenos menores de tres anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e con un profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas.

Estes encontros, denominados “Espazos das Familias”, teñen como fin que os pais e as nais, en definitiva as familias, conten con un lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas; coñezan actividades que lles permitan afrontar unha maternidade e paternidade responsable e gozosa, que contribúa ó mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas e, por extensión, da sociedade futura; e favorezan que nenas e nenos interactúen on outros das mesmas ou parecidas idades e cos adultos.

Estes Espazos desenvólvense semanalmente en diversos lugares e concellos.

En Lugo temos en marcha os seguintes:
· CEIP A Ponte, os luns ás 11’30.
· CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela) os xoves ás 16’30
· Locais da Asociación: Garaballa de Arriba, 9 (ó lado do colexio de Albeiros), os Martes en horario de mañá e tarde. Neste local temos previsto organizar mais grupos en función da demanda existente.

Tamén existen Espazos das Familias nos concellos de Rábade, O Cádavo, Aranga, Frades, Mesía…

Si tedes interese en participar, poñédevos en contacto con nós:
Tfos: 982 216 001 e 629 612 897

Ningún comentario:

Publicar un comentario