15 de dec. de 2013

"O Son que me Arrola", dentro da oferta do Concello de Lugo para os Centros de Convivencia Municipais

A actividade "O Son que me Arrola", da nosa Asociación, está incluida dentro da programación de Nadal que o Concello de Lugo pon a disposición dos cidadáns nos diferentes Centros de Convivencia Municipais. Para anotarse na mesma, hai que chamar aos teléfono do centro correspondente.


“O Son que me Arrola”, é  unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas, e a instrumentación.

Dirixida a nenas e nenos menores de tres anos, e mais ás súas familias, “O Son que me Arrola” ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados a partir de materiais de refugallo.

A actividade consta de dúas partes:
- A primeira dedicada á escoita, que durará 20 minutos.
- A segunda parte dedicada á exploración dos instrumentos ata un máximo de 1 hora.

DATA
HORA
LUGAR
TELÉFONO
23/12/13
17:30 a 19:00
Centro de convivencia Maruja Mallo
Rúa Primavera, 37 (entrada polo Carril das Hortas) CP 27002
982 297 505

26/12/13
17:30 a 19:00
Centro de convivencia de Fingoi
Ronda de Fingoi, 72 (entrada pola Rúa Aviación Española) CP 27002
 982 297 455 
982 297 456
27/12/13
17:30 a 19:00
Centro de Convivencia A Milagrosa
Monte Faro, Nº10 CP 27003
982 297 410
30/12/13
17:30 a 19:00
Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
Quiroga Ballesteros Nº 1 A CP 27001
982 297 492

02/01/14
17:30 a 19:00
Centro de Convivencia Lamas de Prado
Rúa Díaz Castro, 6 CP 27004
982 216 746
03/01/14
17:30 a 19:00
Centro de Convivencia María Balteira. Rúa Angelo Colocci, 19 A CP 27003
 982 29 74 58


Ningún comentario:

Publicar un comentario