O venres 24 e o sábado 25, persoas da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy estarán en Vigo na Sede da Fundación Barrié presentando o Proxecto Galicia+, dentro das II Xornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio en infancia: 0-6 anos.Falarase do traballo de Preescolar na Casa en relación á conservación dos patrimonios lúdicos, natural, artístico e oral.
O obxectivo desta acción é o de preservar e difundir o legado inmaterial do pensamento e as accións promovidas por Antonio Gandoy, "o crego da bicicleta", principalmente as vinculadas ao programa Preescolar na Casa, un dos obxectivos da nosa Asociación.
A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos , así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.
Podedes ver o programa das Xornadas picando aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario