6 de feb. de 2014

Patrimonio da Infancia

Remataron as II Xornadas educaBarrié sobre Patrimonio da Infancia, unhas xornadas de innovación didáctica onde se reuniron educadores e mestres de Galicia da etapa infantil 0-6 anos con pedagogos e expertos en patrimonio, ao redor de comunicacións e talleres.

A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy estivo alí, co TALLER PREESCOLAR NA CASA, falando do Patrimonio da Infacia en catro das súas vertientes: o Patrimonio oral propio de cada familia, o Patrimonio natural, o Patrimonio artístico e o Patrimonio lúdico, así como presentando o Proxecto Galicia +.

Picando aquí podes descargar máis información sobre isto e sobre os outros temas que se falaron nestas interesantes xXornadas.

Dende a Asociación queremos agradecer publicamente á Fundación Barrié ter contado connosco para estas Xornadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario