21 de maio de 2014

"Preescolar na Casa retoma el vuelo", nova na Voz de Galicia sobre a nosa Asociación

O diario La Voz de Galicia fíxose eco do proxecto educativo da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy, destacando os primeiros contratos laborais da Asociación e o traballo feito ata agora só con voluntarios.

Pasiño a pasiño, tentamos retomar o camiño iniciado por Antonio Gandoy e Preescolar na Casa aló polo ano 1977, e que tantas mostras de agradecemento ao seu bo facer ten recibido nos 35 anos que transorreron ata a súa desaparición no ano 2012. Este é un dos fins da nosa Asociación.


Podedes ver a nova na edición dixital de La Voz de Galicia premendo aquí.

Podedes ver o pdf na nova aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario