27/05/2014

Preparando a entrada na escola: contando contos no cole de A Ponte

Onte no CEIP de A Ponte (Lugo) tivemos sesión de contacontos, na que participaron os alumnos de infantil deste centro e nenos e nenas de Espazos das Familias da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy, nenos e nenas que se incorporarán ao cole no novo curso.

A profesora que será a súa o vindeiro curso recibíunos da mellor das maneiras, dando así o primeiro paso para fecerlles máis agradable esa situación que pode ser un pouquiño traumática para eles e que é a entrada na escola.


Ningún comentario:

Publicar un comentario