
A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy nace co fin de retomar parte do traballo que
viña realizando a Fundación Preescolar na Casa, así como preservar o legado
xerado por este proxecto educativo ao longo de 36 anos.
A nosa Asociación cumpre un ano, e querémolo
celebrar coas familias que ao longo do curso participaron nos “Espazos das Familias - Prescolar na Casa”, e tamén desexamos convidar a aquelas outras con
nenos e nenas de 0-3 anos que queiran participar na Festa Xogueteira que
organizamos.
A Festa Xogueteira é un tempo de ocio compartido entre
nais e pais con fillos e fillas de 0-3 anos, onde participan tamén as orientadoras do
proxecto educativo “Espazos das Familias - Preescolar na Casa”, encargándose do
deseño das actividades e dos diferentes espazos de xogo. As actividades están
dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais,
distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.
As familias acompañan aos seus fillos polos diferentes
espazos, seleccionando aqueles que máis lles gustan aos nenos e nenas, non existindo
un tempo definido para permanecer en cada espazo.
Esperámosvos!!
En próximos días informarémosvos con máis detalle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario