11 de xuño de 2014

Convenio de colaboración entre a Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy e a Deputación de Lugo

O delegado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, visitou, esta mañá as instalacións da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, para comprobar in situ a actividade que desenvolve no seu día a día. Así mesmo, aproveitando a visita, asinouse un convenio de colaboración entre a institución provincial e o colectivo, por valor de 15.000 euros, que servirá para costear os gastos de funcionamento de dita asociación. 

Durante a súa visita, Mario Outeiro destacou “a importancia que ten adquirido este colectivo de cara a defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos, así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa”. 

Dende a Asociación agradecemos fondamente este apoio.

Podes ver esta nova picando aquí.





Ningún comentario:

Publicar un comentario