
Queremos facer esta Festa coas familias que ao longo do curso participaron nos “Espazos das
familias - Prescolar na Casa”, e tamén convidar a aquelas outras familias con
nenos e nenas de 0-3 anos que queiran participar.
A Festa Xogueteira é un tempo de ocio compartido entre
nais/pais con fillos/as de 0-3 anos, onde participan tamén as orientadoras do
proxecto educativo “Espazos das Familias-Preescolar na Casa”, encargándose do
deseño das actividades e dos diferentes espazos de xogo. As actividades están
dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais,
distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.
As familias acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, seleccionando aqueles que máis lles gustan aos nenos/as, non existindo
un tempo definido para permanecer en cada Espazo.
Teremos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de texturas, ..., Espazos de manipulación onde nenos, nenas e familias gozaremos da mellor das maneiras, aprendendo.
Convidámosvos a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario