27 de xuño de 2014

Gran éxito da Festa Xogueteira organizada pola Asociación Antonio Gandoy

Baixo o lema “As familias son imprescindibles no proceso educativo”, tivo lugar onte, ás beiras do río Miño, a I Festa Xogueteira organizada pola Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy.

Nos diferentes Espazos lúdicos, de xogo e creatividade déronse cita unha morea de nenos, nenas, pais, nais, avós e avoas que gozaron en familia da posibilidade de experimentar e manipular en múltiples situacións de aprendizaxe.

A Festa rematou co concerto “O Son que me Arrola” a proposta musical da Asociación que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

A diversión, a aprendizaxe e por suposto o tempo en común presidiron esta cita que a nós como Asociación non fai máis que reafirmarnos no noso traballo en prol dunha sociedade mellor e máis xusta a través da promoción da parentalidade positiva.


Na nosa páxina de Facebook podes atopar varios álbumes de fotografías desta Festa Xogueteira:


Ningún comentario:

Publicar un comentario