11/07/2014

A Festa Xogueteira en imaxes

Deixamos este vídeo con imaxes gravadas o pasado 26 de xuño na Festa Xogueteira desenvolta pola Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy.
Case 5 minutiños de imaxes de nenos, nenas, pais e nais que esperamos sexan do voso agrado.


Reiteramos o agradecemento da Asociación a todas as familias participantes, así como a todos aqueles que colaboran connosco nesta tarefa tan gratificante para nós como é o fomento da parentalidade positiva e o feito de reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos de vida da persoa.


Porque queremos axudar a mellorar a competencia educativa familiar e a fornecer a relación pais/fillos, ofrecendo espazos de aprendizaxe como foi esta Festa Xogueteira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario