Como
cada mes de setembro, dende a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy retomamos
o labor de orientación ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, coa misión
de contribuír a crear unha cultura da infancia e reforzar a competencia
educativa familiar.
Invitamos
a todas e todos os interesados en seguirnos, a que o fagan a través dos
diversos medios dos que dispoñemos: a través desta web, da nosa conta de
facebook ou poñéndose en contacto connosco por teléfono ou no noso local (ver
contacta).
Recordámoslles
que a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy é unha entidade sen ánimo de
lucro, que conta con profesionais do ámbito educativo, e que ofrece espazos
para que as familias compartan un tempo de calidade cos fillos e con outras
familias, espazos nos que están acompañados dun profesional da Asociación que
orienta e facilita información e formación sobre os diferentes aspectos
relacionados coa educación dos fillos e fillas (ver que facemos).
Pese
a ser tempos difíciles, trataremos de insistir na nosa misión, pioneira e
referente a nivel social e educativo, e continuadora do traballo que viña
desenvolvendo Preescolar na Casa, co fin de axudar ás familias a exercer unha
parentalidade positiva.
Os
concellos nos que comezamos este curso son:
Castroverde
O
Corgo
Rábade
Lugo
Quiroga
Monforte
Baralla
Baleira-O
Cádavo
Frades
Mesía
Aranga
Curtis
Ordes
Si
estás interesado ou interesada en participar nalgún destes Espazos xunto co teu
fillo ou filla, ponte en contacto connosco (si foses doutro concello diferente
ponte en contacto connosco igualmente para tentar artellar algún Espazo nese
concello ou noutro próximo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario