30 de set. de 2014

A Festa Xogueteira da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy, no San Froilán

O venres 10 de Outubro, no patio do Seminario, en Lugo, e a partir das 17:30, desenvolverase a Festa Xogueteira da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy. 

Esta actividade enmárcase dentro do programa das festas do San Froilán, dentro das actividades INFANTIL / FAMILIAR (picando aquí terás acceso ao programa das festas).

Queremos convidar a esta festa aquelas familias con nenos e nenas de 0-3 anos que queiran participar. A Festa Xogueteira é un tempo de ocio compartido entre nais/pais con fillos/as de 0-3 anos, onde participan tamén as orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias-Preescolar na Casa”, encargándose do deseño das actividades e dos diferentes espazos de xogo. As actividades están dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.
Teremos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de texturas, ..., Espazos de manipulación onde nenos, nenas e familias gozaremos da mellor das maneiras, aprendendo. 
Agradecemos ao Concello de Lugo o contar connosco para este San Froilán.

Neste vídeo podes ver imaxes dunha Festa Xogueteira:

Ningún comentario:

Publicar un comentario