30 de out. de 2014

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Monforte e Ribas do Sil

Transcribimos de xeito literal unha nova aparecida en La Voz de Galicia o 29 de outubro. Da conta do inicio das actividades da Asociación en Monforte e Ribas do Sil:

“A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, herdeira da desaparecida Fundación Preescolar na Casa, organizará durante este curso en Monforte e Ribas do Sil unha serie de actividades, baixo a denominación de Espazos das Familias, que seguirán a mesma liña do mencionado programa de orientación educativa. Consistirán en reunións semanais cunha duración aproximada de dúas horas e poderán incluír titorías individualizadas para as familias participantes.
En Monforte, as reunións terán lugar no Centro Multiusos os xoves pola mañá. En San Clodio serán os martes pola tarde. O seu obxectivo, segundo explican os promotores, será ofrecer a posibilidade de que as familias, adultos e nenas e nenos compartan un tempo de lecer xuntos e establecer unhas canles de reflexión e debate arredor da educación dos máis pequenos da casa. As familias que participen nestas actividades deben abonar unha pequena cota para o mantemento do servizo.
Os interesados poden contactar coa entidade chamando aos teléfonos 982 216 001, 629612897 e 607804823 ou escribindo ao correo electrónico antoniogandoy@gmail.com
A Asociación Antonio Gandoy foi promovida por antigos traballadores de Preescolar na Casa para recuperar o legado deste proxecto educativo, creado en Lugo en 1977 e desaparecido no 2012.” 

Así que xa sabedes, si sodes da zona e estades interesados, contactade connosco aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario