6 de nov. de 2014

A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy na Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte

A nosa compañeira Doris, xunto cun grupo de adutos e nenos e nenas dos Espazos das Familias da Asociación, estiveron na Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte. 

No blog desta bibkioteca, que desenvolve un gran traballo podemos ler: 

"PREESCOLAR NA CASA estivo na nosa biblioteca. Un grupo de  de pais e nais cos seus fillos e fillas acompañados de Doris, profesora e  orientadora na función de reforzar a competencia educativa das familias, ao mesmo tempo que unha estupenda contacontos, estiveron na nosa biblioteca. Viñan a coñecer o espazo e  funcionamento  da biblioteca e  reflexionar sobre a importancia das primeiras aprendizaxes e as posibiblidades educativas dos libros e do espazo bibliotecario co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos e fillas. 

Agradecemos o trato e a consideración que esta esta biblioteca e o propio centro ten cara a nosa Asociación.

Podedes ver o enlace a esta nova picando aquí.
E ao blog Biblioponte picando aquí, un blog, por certo, moi interesante.



Ningún comentario:

Publicar un comentario