12 de nov. de 2014

Xogamos coa luz e coa escuridade

Nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy descubrimos as sombras, a sombra do sol, a da lúa, sombras diversas, as nosas propias sombras, ... 

Traballamos e xogamos coa luz, coa escuridade, coas ilusións creadas con imaxes e reflectidas en paredes e espellos.Unha actividade fabulosa para este mes no que semella que sempre é noite…

Aprendizaxe significativo de verdade, traballo sensorial e experiencial onde os máis pequenos descobren a realidade da imaxe da mellor das maneiras: gozando na compaña dos demais. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario