25 de nov. de 2014

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no Museo Etnográfico de Quiroga

Nenos, nenas e adultos de Quiroga e Ribas de Sil (San Clodio) participantes nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy e acompañados da nosa compañeira Pilar Veiga estiveron hoxe no Museo Etnográfico de Quiroga.

As familias participantes gozaron das fermosas instalacións deste Museo e das súas salas temáticas e vendo, entre outras cousas a un cesteiro en acción. Unha xornada de goce e aprendizaxe para coñecer de xeito lúdico o noso patrimonio.

Paga a pena visitar este Museo municipal dedicado a recuperar, aglutinar, espallar e polo tanto, protexer o patrimonio cultural en tódalas súas facetas, unha tarefar que non debemos esquecer. (Se picas aquí entrarás na web do Museo Etnográfico de Quiroga).


Ningún comentario:

Publicar un comentario