19/11/2014

Gozando da música na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy sabemos da importancia da música na formación do ser humano.
Así, neste días, nun dos Espazos das Familias da Asociación tivemos a sorte de que dous papás participantes nos acompañaran coa súa gaita e co seu acordeón, tendo o privilexio de bater mans e pés ao ritmo destes instrumentos.

Nenos, nenas e adultos achegámonos á música debido á importancia que a mesma representa no desenvolvemento intelectual, auditivo, sensorial, motriz e da fala. E por suposto, con ese compoñente lúdico e atractivo que é tan necesario para calquera aprendizaxe. En definitiva, un elemento fundamental no desenvolvemento global dos máis pequenos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario