15 de dec. de 2014

O Son que me Arrola, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, no CIFP Politécnico de Lugo

Este venres desenvolveuse no CIFP Politécnico de Lugo a actividade O Son que me Arrola, organizada e levada a cabo pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy cun gran éxito de participación. 

Máis de 100 persoas participaron desta proposta de interacción musical, entre nenos, nenas, pais, nais e alumnos do Ciclo de Educación Infantil que se imparte neste centro.

Nas dúas imaxes desta entrada podedes ver as reseñas deste acto en El Progreso e na Voz de Galicia. 

neste enlace podedes ver en que consiste a actividade O Son que me Arrola, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, de rimas e da instrumentación.

O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario