Nesta semana o Concello de Lugo ven de comunicarnos a
concesión dunha subvención dentro do apartado de subvencións a entidades non
lucrativas.
Agradecemos fondamente ao Concello de Lugo, así como aos demais
concellos que nos axudan, estas achegas, destinadas a contribuír á mellora da
sociedade a través da parentalidade positiva.
Por outra banda, tamén comezaron os Espazos das Familias en
Becerreá, coa participación de varias familias, que correrán a cargo da
orientadora da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy Pilar Veiga.
Tamén a Asociación Socio-cultural Veciños Ulloa-Sambreixo
dirixíuse á nosa Asociación para levar a cabo a actividade O Son que me Arrola,
que terá lugar no Local Social de dita Asociación o 21 de Decembro, en dúas
sesións: ás 16:30 para nenos, nenas e as súas familias de 0 a 3 anos e ás 18:00
para nenos e neas de Educación Primaria, no que se levará a cabo un obradoiro
de construcción dun pequeno instrumento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario