1 de mar. de 2015

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no Proxecto Symbios

O proxecto nace aberto a quen teña unha achega construtiva sobre como xestionar as consecuencias sociais da crise demográfica. Promovido e coordinado pola Xunta de Galicia, no inicio da rede transnacional Symbios están presentes institutos de investigación universitarios; autoridade rexionais europeas; entidades de carácter non lucrativo e asociacións e colexios profesionais.

Neste proxecto está presente tamén a nosa Asociación para aportar o noso graniño de area na solución a esta crise demográfica que afecta a Galicia en xeral e ao mundo rural en particular.


Ningún comentario:

Publicar un comentario