5 de mar. de 2015

Próximos eventos relacionados coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Este venres 6 de marzo estaremos en Baralla coa nosa proposta de achegamento á música e ás tradicións "O Son que me Arrola". 

Repetiremos esta actividade o 13 de marzo en Castroverde e o 10 de abril en Monforte de Lemos.

Así mesmo, o 27 de marzo teremos unha sesión de contacontos en Aranga.

Por outra banda, este fin de semana estaremos no VIII Encontro de Debate sobre o Medio Rural, e o 24 e 25 de abril, nas Xornadas de Educación pola Paz en Chantada.

E por suposto, continuamos cos diferentes Espazos das Familias nasa datas e lugares de sempre.

Manterémosvos informados de todas estas actividades.



Ningún comentario:

Publicar un comentario