17 de maio de 2015

Con xornais vellos na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Nada hai máis vello que un xornal atrasado. 

Pois ben, estes últimos días, estivemos experimentando con xornais para así desenvolver a psicomotricidade fina: cortamos tiras de papel, facemos confeti, ..., aproveitamos este excelente material de refugallo para deixar voar a imaxinación. Rematamos facendo tamén unhas vasoiras para limpar o espazo ao rematar, tendo sempre presente a educación en todas as súas facetas.

En definitiva, unha actividade divertida na que nenos, nenas, nais e pais gozaron e observaron que a materiais tan sinxelos e tan ao noso alcance como os xornais pódeselles sacar un gran partido. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario