24 de maio de 2015

Pintando no vidro das ventás na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Un dos obxectivos da educación é axudar a que nenos e nenas se convirtan en persoas creativas e imaxinativas. Isto conséguese poñendo ao seu alcance situacións e materiais moi diferentes para que poidan manipular e explorar. 

Días atrás tivemos nos Espazos das Familias a posibilidade de pintar sobre o vidro das ventás. Cores e luces misturábanse de xeito máxico diante dos ollos abertos de nenos e nenas, nunha actividade coa que gozaron especialmente. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario