26 de xuño de 2015

Festa Xogueteira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Lugo e no Concello de Frades

O martes 30 de xuño, a Festa Xogueteira da Asociación Sococioeducativa Antonio Gandoy estará en Lugo, no Paseo do Miño, pola zona do Pazo de Feiras e Congresos.

Tamén o domingo 5 de xullo, de 16:30 a 20:00 tedes unha cita connosco na Área Recreativa Os Pasos-Alazo, no Concello de Frades.


A Festa Xogueteira é un espazo e un tempo de ocio compartido entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos, onde participan tamén as orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias” da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, encargándose do deseño das actividades e dos diferentes espazos de xogo.

As actividades lúdicas están dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas. Así, as familias acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, non existindo un tempo definido para permanecer en cada Espazo.
Teremos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de texturas, ..., Espazos de manipulación onde nenos, nenas e familias gozaremos da mellor das maneiras, aprendendo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario