24 de xuño de 2015

O futuro está aí: a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en El Progreso

O diario El Progreso dedica unha páxina a nosa Asociación, recollendo o labor educativo deste curso que remata e avanzando o que vai ser o próximo.

Dentro do compromiso que mentemos coa sociedade, e atendendo á Misión, á Visión e aos Valores que guian o noso traballo, xunto cos Principios que sempre temos presentes, tentamos defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos, compromenténdonos coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.

Porque estamos fortemente convencidos de que a familia é insubstituíble no proceso educativo da infancia, e que o fogar é o primeiro e máis importante ambiente de aprendizaxe, queremos continuar con este traballo que comezamos como Asociación no ano 2012, tentando que non se perdera o legado educativo do aínda hoxe prestixioso programa Preescolar na Casa que se deixou morrer despois de 35 anos de labor educativo recoñecido e aproveitado por infinidade de persoas e institucións.

Agradecemos a todas as persoas, a todas as institucións, que nestes tempos tan difíciles nos apoiaron, e animándoos a que o sigan facendo: están tamen a contribuír a un mundo mellor para todos e todas.


GRAZAS a todos e FELIZ VERÁN.



Ningún comentario:

Publicar un comentario