8 de xuño de 2015

Observando a natureza: a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Avifauna

215 persoas (nenos, nenas, nais e pais), participantes nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy visitaron en varias quendas as instalacións de Avifauna. Acompanados do bo tempo, os máis pequenos (e tamén os grandes) poideron gozar da natureza esplendorosa de pavos reais e moitas máis aves exóticas que habitan neste Centro de Interpretación Ambiental.

Porque o feito de coñecer a natureza, coidala e respectala ten que estar sempre presente nos obxectivos educativos que queremos para os nosos fillos e fillas. Antonio Gandoy, a persoa que impulsou Preescolar na Casa e tamén que nos inspirou para levar a cabo esta Asociación, definía EDUCAR como "formar persoas capaces de vivir en harmonía consigo mesmas, cos demais e coa natureza".


Ningún comentario:

Publicar un comentario