3 de xuño de 2015

Paseo ao carón do Miño

Aproveitando este bo tempo que nos acompaña, os participantes no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de A Ponte, aproveitaron para pasar unha tarde ao carón do Miño. Neste paseo, adultos e nenos e nenas tiveron tempo de gozar da natureza nunha paisaxe privilexiada como son as beiras do río Miño ao seu paso por Lugo.


Aínda houbo tempo para escoitar un conto á sombra e para facer unha parada técnica para merendar. Unha combinación perfecta de lecer, de exercicio físico, de introducirnos na maxia dos contos e, por suposto de coñecemento do contorno máis próximo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario