23 de set. de 2015

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Arzúa


A partir do mes de outubro a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará presente no concello de Arzúa, un concello que coñecemos moi ben por ter traballado nel moitos anos con Preescolar na Casa.


As persoas interesadas en participar desta iniciativa ou que precisen resolver calquera dúbida pódense poñer en contacto coa propia Asociación, no teléfono 686 446 838 ou asistir a unha reunión o xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas na Aula multifunción (coñecida como Ludoteca) situada na planta baixa do edificio sociocultural María Mariño, ao carón do Club de Xubilados.

Neste enlace tedes máis información.


Ningún comentario:

Publicar un comentario