14/09/2015

Mapa de Actuación Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

 Mapa de Actuación Asociación Socioeducativa Antonio GandoyPicando na imaxe que aparece á dereita entraredes no mapa de actuación da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, onde poderedes consultar os diferentes Espazos das Familias que estamos a desenvolver.

No mapa pódese observar tres tipos de marcas:

  • As marcas verdes reflicten onde terán lugar os diferentes Espazos das Familias: picando neles aparecen os datos do lugar e a hora da presentación do Espazo.
  • As marcas  amarelas indican onde está previsto ter un Espazo das Familias,  pero no que aínda faltan algunhas xestións para poñelo en marcha.
  • E as marcas vermellas reflicten onde están as diferentes orientadoras e o xeito de poñerse en contacto con elas.



Este mapa de actuación irémolo actualizando a medida que se vaian concretando datas e lugares.

Podedes poñervos en contacto con nós picando aquí. Informarémosvos do que precisedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario