8 de out. de 2015

Éxito da Festa Xogueteira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no San Froilán 2015

Moitísima xente onte na Festa Xogueteira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, refrendando así o noso traballo. Diferentes Espazos de xogo e de investigación estiveron a disposición de nenos e nenas e das súas familias no Patio do Seminario de Lugo, nunha actividade enmarcada dentro do programa do San Froilán 2015.

Unha actividade que pretende que nenos, nenas, pais e nais gocen xuntos de Espazos de exploración e descubrimento para aprender da mellor das maneiras: a través da diversión.

Como ben podedes comprender, a organización dun acto coma este da un montón de traballo, polo que nos vemos obrigados a dar as grazas a moita xente (e seguro que nos deixamos a alguén) que nos apoiou e que botou unha man (ou as dúas):

Grazas á inestimable colaboración de Laura, que fixo as prácticas connosco o ano pasado, de Alba, que estivo de voluntaria nun Espazo das Familias e achegouse a botar unha man, de Alicia, que segue estando dispoñible, de Santi, Felipe e Jorge que se encargaron das ingratas tarefas de montaxe. Grazas a Uxía, que cos seus doce anos fixo de fotógrafa, a Javi que estivo coa furgoneta, a Marisol polos seus ánimos e pola súa invitación a xantar, a Doris que se encargou de supervisar todo e por suposto ás dúas Pilares, a Isabel e a Sandra que tiveron que modificar horarios para que todo saíse ben.

E grazas, por suposto, ao Concello de Lugo por confiar na nosa Asociación para levar a cabo esta actividade e a todas as familias  (moitas) que vos achegastes ata o Patio do Seminario.


Deixámosvos unhas fotos e un recorte de El Progreso onde se fala da actividade:




Ningún comentario:

Publicar un comentario