3 de dec. de 2015

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, valorada moi positivamente no Concello de Aranga

A nosa Asociación participou no concello de Aranga no Foro da Igualdade celebrado o pasado 30 de novembro. Neste encontro expuxéronse as conclusións da avaliación do "II Plan Municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes".

Así mesmo, foi presentado o III Plan, que abrangue dende este ano 2015 ata o ano 2019, e no que están incluidas as actividades realizadas pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, dentro do programa TEMPO FAMILIAR do Concello de Aranga.

As actividades realizadas pola Asociación ata o de agora foron altamente valoradas por parte das persoas participantes no devandito Foro, como facilitadoras para acadar algúns dos obxectivos fixados no mencionado plan: 
  • OE1 Fomentar a implicación das familias na coeducación
  • OE5 Fomentar hábitos de vida saudables a través da saúde integral e do autocoidado
  • OE7 Contribuir á conciliación dos tempos persoais e sociais
  • OE8 Acadar a responsabilidade compartida no ámbito familiar e doméstico
  • OE9 Contribuir á eliminación da violencia de xénero a través da sensibilización e da prevención

Lembramos que no concello de Aranga está funcionando un Espazo das Familias tódolos martes en horario de 17:00 a 19:00 horas no anexo ao CEIP de A Castellana.

Agradecemos a este Concello a confianza na nosa Asociación e a valoración positiva que fai do traballo que desenvolvemos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario