23 de dec. de 2015

Éxito de participación nas actividades da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy do Nadal 15-16 do Concello de Lugo

Nestes días, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estivo na carpa que o Concello de Lugo instala na Praza Anxo Fernández Gómez (detrás da Casa do Concello) con diferentes actividades para nenos e nenas e as súas familias. Así, desenvolvéronse diversos obradoiros (de masa, pan relado, construcions, oficios) e unha nova edición de O Son que me Arrola.
Dende a Asociación damos grazas a todas aquelas persoas que por alí se achegaron a pasar un ratiño connosco, que foron moitas, e ao Concello de Lugo por facilitarnos o labor.
Deixámosvos unas imaxes e un vídeo que preparou a Fundación TIC.
Así mesmo, desexámosvos a todas e todos un Bo Nadal e un Feliz ano 2016. Como di a postal dixital que aparece nesta páxina: QUE O FUTURO TRAIA CORES ÁS NOSAS VIDAS.







Ningún comentario:

Publicar un comentario