8 de xan. de 2016

Cé Orquestra Pantasma, no Espazo das Familas da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monforte de Lemos

O vigués César Freiria, Cé Orquestra Pantasma, é un músico autodicacta apaixoado dos instrumentos musicais que comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional.

Dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de diversos grupos. Agora anda a presentar nestes días o Libro CD “Fíos do querer”, e o pasado decembro tivemos a sorte de escoitalo no Espazo das Familias de Monforte de Lemos.

Neste enlace podes coñecer máis do seu traballo.

E picando aquí, escoitaredes a cantiga “Xan de Outeiro”, interpretada po Cé Orquestra Pantasma, que tantas e tantas veces ten soado nas reunións de orientación de Preescolar na Casa e agora nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy.

Deixámosvos estas fotos da súa actuación, na que nenos, nenas, pais e nais gozamos da música de César e da súa simpatía, así como da posterior manipulación de instrumentos feitos con elementos da natureza, nunha actividade de achegamento á música. Porque estamos convencidos de que a educación musical ten unha gran importancia na formación integral da persoa, proporcionando experiencias cognitivas e sensitivas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario