23 de maio de 2016

Maios nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Baralla e Santiago de Saa

Nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Baralla e Santiago de Saa, celebramos o mes de maio da mellor das maneiras: facendo uns maios. 

Unha actividade moi divertida na que conxugamos o amor pola natureza co respecto polas tradicións. Porque coñecer as tradicións e coñecer a nosa cultura fainos ser mellores persoas para así respectar as culturas dos demais.

Un maio humano era un mozo ou moza, ás veces disfrazado, que estaba adornado con flores, follas ou pólas e cunha coroa de flores. Os demais cantaban e danzaban arredor del, o maio.

As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como a celta. Esta festividade celta marcaba o inicio do verán, cando os rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario