25 de maio de 2016

Xogamos con papel nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero e Santiago

Nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero e de Santiago de Compostela liámola gorda co papel das destrutoras de papel: un material que nos ofreceu unha morea de posibilidades.

Rasgamos o papel, enrrugámolo, fixemos bolas, lanzámolo, …, toda unha serie de actividades manuais que axudan a desenvolver a motricidade fina e outras capacidades como a coordinación ollo-man.

Nestes Espazos creamos unhas imaxinarias paisaxes nevadas nas que o pasamos realmente ben. Unhas aprendixazes a través da risa e dos sentidos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario