01/06/2016

Actividade con roupa no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero

En Monfero traballamos unha morea de capacidades e de valores cunha actividade cotiá como é lavar e tender a roupa.
Estivemos a desenvolver a motricidade fina e a coordinación ollo-man tendendo a colada: asegurar a roupa coas pinzas non resulta doado. Precisa dunha pericia manual que os máis pequenos aínda están madurando.
E aproveitamos tamén para traballar valores importantísimos como a igualdade de xénero e os bos hábitos de hixiene.




Ningún comentario:

Publicar un comentario