30 de maio de 2016

Masa caseira para modelar no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na Biblioteca Anxel Casal

No Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy que se desenvolve na Biblioteca Anxel Casal de Santiago, estivemos a xogar con masa. 

Xogar con este material divirte e estimula a creatividade dos nenos. Trátase dunha actividade relaxante que mellora a capacidade dos máis pequenos para concentrarse e a súa motricidade fina. 

Facilita, entre outros, os procesos futuros da lectoescrita. 

Amasar é unha actividade moito máis complexa do que se pensa e que axuda a desenvolver moitas das capacidades dos máis pequenos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario