19 de xuño de 2016

Festas Xogueteiras para ir rematando este curso

O día 28, de xuño a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy desenvolverá unha Festa Xogueteira de fin de curso no Concello de Castroverde

Estades todos convidados.

Tamén, o sábado 2 de xullo, estaremos no Concello de Frades, na Área Recreativa Os Pasos-Alazo, con esta mesma actividade.


A Festa Xogueteira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy é un espazo e un tempo de ocio compartido entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos. Trátase dunha xornada de aprendizaxe estruturada por Espazos onde os máis pequenos poden desenvolver diferentes capacidades.

As orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias” da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, encárganse do deseño das actividades e dos diferentes Espazos de xogo.

As diferentes actividades lúdicas están dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.

Entre os diferentes Espazos, atoparemos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de diferentes texturas, ..., Espazos de manipulación para que nenos, nenas e familias gocen da mellor das maneiras, aprendendo.

Así, as familias acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, non existindo un tempo definido para permanecer en cada Espazo.

Picando aquí podes ver un vídeo desta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario