13 de xuño de 2016

Pequenos alfareiros nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Os participantes do Espazo das Familias de Becerreá desprazouse a Bonxe, Outeiro de Rei a experimentar co barro. Alí, coa axuda das explicacións de Pepa, fixeron unas figuras ben bonitas.
O modelado con barro permítelles aos máis pequenos traballar o sentido do tacto, a distinguir as cousas polas súas formas cando as tocan, as collen e as recoñecen. Experimentan co volumen e co peso, e esta manipulación axuda á madurez da percepción sensorial.
Trátase tamén dunha actividade que ademais de ser relaxante, favorece a creatividade poñendo a voar a imaxinación.
Podedes ver a web da Olería de Bonxe aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario