06/06/2016

Investigando a contorna no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Castroverde

En Castroverde, aproveitando o bo tempo pasado, os participantes do Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy saímos a investigar a contorna. 

Aproveitamos o que a natureza máis próxima nos ofrece para desenvolver as capacidades motoras, a linguaxe e as emocións, nun tempo no que o pasamos estupendamente. 

Porque como se di neste artigo de La Vanguardia, “Para os nenos, a natureza é parque de atraccións, excelente medicina e aula de aprendizaxe. O contacto con ela mellora a saúde, a capacidade de atención, o desenvolvemento motor e cognitivo, a autonomía, a seguridade, a adquisición de valores...”


Ningún comentario:

Publicar un comentario