25 de xan. de 2018

Facendo pan no Espazo das Familias da Asociación Antonio Gandoy de Quiroga e Ribas de Sil

As familias participantes no Espazo das Familias de Quiroga de Ribas de Sil estiveron a facer pan.

Trátase dunha actividade na que unha morea de procesos e de sentidos puxéronse en marcha: coordinación ollo-man, experimentación con texturas diferente, olfacto, ben rico, por certo, o coñecemento dos alimentos, a importancia da hixiene, ..., e, por suposto, o gusto: todos os presentes gustaron do pan recén feito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario