9 de feb. de 2018

Compartindo nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Nestes días pasados, xuntáronse no CSC de Nemenzo (Santiago de Compostela) as familias que participan nos Espazos das Familias que se celebran semanalmente nese Centro e máis as de O Sar, nunha xornada de confraternización na que gozaron do Antroido, merendaron, cantaron, contaron contos e compartiron experiencias.

Unha tarde para compartir, coñecerse e crear lazos. Foi tan enriquecedora a experiencia que se repetirá, esta vez en Sar. 

Foi moito o tempo dedicado a intercambiar vivencias e problemas na crianza, e foi xenial comprobar que non somos tan diferentes, e que compartimos moitos agobios, preocupacións e, sobre todo, alegrías. 

Lembramos que o concello de Santiago ofrece, ademais deste Espazos, outro Espazo das Familias no CSC de Santa María, Espazos onde se pretende axudar a afrontar da mellor das maneiras o feito tan eriquecedor de ser nai ou pai.


Ningún comentario:

Publicar un comentario