4 de out. de 2018

Apoio da Deputación de Lugo

Un ano máis a Deputación Provincial de Lugo, ven de asinar, con data de hoxe, o Convenio mediante o cal se lle outorga á Asociación socioeducativa Antonio Gandoy,  a cantidade de 15.000 euros para o desenvolvemento das actividades desta entidade.


Grazas a este Convenio podemos achegar as nosas actividades aos concellos menos poboados. 

Desta maneira, máis de 190 familias dos concellos da provincia de Lugo participaron nos Espazos das familias que desenvolve esta Asociación durante o ano 2018 e tamén se realizaron actividades educativas músico-teatrais e contacontos nos centros educativos de diversas localidades.

Axudas como a prestada pola Deputación e as colaboracións dos concellos fan posible, xunto coas cotas dos socios e máis das familias participantes, que esta Asociación siga traballando con ilusión por manter vivo o legado deixado por Preescolar na Casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario