12 de out. de 2018

Pechando o San Froilán Miúdo



Un ano máis estivemos no San Froilán Miúdo, contratadas polo Concello de  Lugo e pechando as festas.

Organizamos varios recantos de xogo e experimentación: con masa, con pan relado, con pintura, con diversas texturas e materiais...

Unha tarde divertida de xogo e experiencias compartidas entre crianzas e persoas maiores.

Case un cento de familias se achegaron ata a carpa onde estabamos instaladas para gozar das actividades ofertadas, nun ambiente tranquilo, relaxado e sen estridencias.

Foi un bo remate para unhas festas de tanta tradición.

Esperamos repetir en vindeiros anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario