16 de out. de 2018

Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Santiago de Compostela

No día de onte tivo lugar unha rolda de prensa na que participaron a Concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, e mais a presidenta da Asociación, Luísa Rey, e a orientadora Cristina Feijóo.

O obxecto deste encontro cos medios de comunicación foi dar coñecemento de que se poñen en marcha, de novo, os Espazos das Familias nos Centros Cívicos de Nemenzo, Santa Marta e Sar.

Nestes Espazos poderán participar tódalas familias con crianzas menores de seis anos.

O concello de Santiago de Compostela asume a totalidade do custe do servizo, e as familias non terán que pagar ningunha cota.

Quen teña interese en participar debe apuntarse no se Centro Cívico ata o 18 de outubro. No caso de que se produzan mais solicitudes que prazas dispoñibles, o concello realizará un sorteo para decidir quen pode participar. Os Espazos comezarán a primeiros de Novembro. 

Podedes velo picando neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario