7 de xuño de 2019

Outro ano máis, a Deputación de Lugo apoia as actividades da Asociación

Un ano máis, vimos de asinar o Convenio canalizador da subvención nominativa outorgada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo á Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, co obxxecto de colaborar no finnanciamento das actividades desenvoltas na provincia de Lugo por esta asociación.


Grazas a esta axuda, e tamén ás de diversos concellos e ás cotas que as familias participantes pagan trimestralmente, podemos seguir ofertando os Espazos das Familias, os concertos, as festas xogueteiras, os contacontos, e todas aquelas actividades que poñemos en marcha cada ano coa única pretensión de preservar, difundir e poñer en valor o legado deixado por Preescolar na Casa.


Os Espazos das Familias lévanse a cabo, na provincia de Lugo, en trece concellos, organizados en 20 grupos de nais, pais, avós e avoas, que xunto coas crianzas se reúnen tódalas semanas para compartir, debater e reflexionar sobre a crianza e o desenvolvemento dos máis pequenos da casa; e para compartir un tempo de xogo divertido e necesario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario