3 de xuño de 2019

Apoio do concello de Frades

Hoxe recibimos a comunicación de que o concello de Frades na Xunta de Goberno celebrada o 20 de maio deste ano, tomou o acordo de conceder á Asociación socio-educativa Antonio Gandoy unha subvención por importe de 1.265 euros para o desenvolvemento do Espazo das Familias durante o ano 2019.


Participan neste Espazo familias con nenas e nenos menores de tres anos, que se xuntan tódalas semanas con unha orientadora formada en Educación Infantil Familiar. Nestes encontros, ademáis de reflexionar e compartir experiencias arredor da crianza das nosas fillas e dos nosos fillos, nenas e nenos se divirten xuntos, aprenden a compartir, a relacionarse cos iguais, a agardar quendas, acadando así un óptimo desenvol-vemento físico, emocional e sensorial.

Grazas á colaboración do Concello de Frades, as familias deste concello ven reducido o importe da cota de participación no Espazo das Familias

Ningún comentario:

Publicar un comentario