
Está demostrado en numerosos
estudos que arrolar aos máis pequenos non ten máis que beneficios para eles (e
para quen arrola). Sábese que os bebés aos que se lles canta dende o nacemento
desenvolven mellores habilidades motoras, sociais e lingüísticas. Tamén que os
bebés prematuros melloran a súa alimentación e o seu sono cando se lles canta.
E é evidente que, cando se lles
canta e arrola, os bebés se tranquilizan e relaxan, axudándolles a durmir
mellor. Os arrolos aportan seguridade e confianza e axudan a fortalecer o
vínculo de apego.
Todo son vantaxes, así que xa sabedes, unha sesión
de xogos e cantos de arrolos que non podedes perder.
Ningún comentario:
Publicar un comentario