12 de dec. de 2019

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy co Apalpador



Un dos obxectivos da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, como era de Preescolar na Casa, é o de recuperar tradicións. As tradicións son importantes porque transmiten valores compartidos e historias dunha xeración á seguinte. Así compartimos unha identidade colectiva que serve para dar forma ás identidades individuais.

Neste marco, a Asociación, xunto con Semente Lugo, A Mesa pola Normalización Lingüística, CS Mádia Leva, a Volta do Agro, Cantigas e Frores, O Xeito, Troupelear, Tradescolaestará o próximo 21 de decembro co Apalpador na Praza Maior de Lugo, nunha tarde chea de actividades e sorpresas, música, contos e obradoiros para compartir en familia
Esperámosvos nunha tarde de festa que será posible grazas a colaboración das Areas de Cultura da Deputación e o Concello de Lugo, así como as librarías Trama e Biblos e a Biblioteca Municipal de Lugo. 

O Apalpador é un personaxe das zonas do este de Galicia, que baixa as noites do 24 e do 31 de decembro a tocar o ventre aos nenos e nenas para ver se comeron o suficiente durante o ano, deixando castañas, algún agasallo e desexándolles que teñan un feliz aninovo cheo de felicidade e de comida. Represéntase coa figura dun carboeiro, de barriga xenerosa, grandes bigotes e barba, con boina, e vestido cunha chaqueta e un pantalón vellos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario